Ata o 5 de febreiro o recinto feiral acollerá a XIV edición de Stock Pontevedra

Pontevedra> 68 establecementos danse cita no Stock Pontevedra 2017. Unha feira que celebra a súa décimo cuarta edición  no recinto feiral. Dende hoxe e ata este domingo 5 de febreiro en horario de 11:00 da mañá a 21:00 da noite poderán desfrutar deste evento con multitude de produtos aos mellores prezos. 

 

Un ano máis, e xa van 14 chega ao recinto feiral de Pontevedra o Stock Pontevedra 2017. Un evento onde participan 68 establecementos e onde poderemos atopar os seus produtos aos mellores prezos. 

Dende a organización, dende o centro comercial Zona Monumental destacaron as novidades deste ano. 

Unha feira inaugurada pola secretaria xeral de comercio e a concelleira de Promoción Económica. 

Este STOCK PONTEVEDRA conta ademais con servizo gratuíto de gardería para nenos de entre 2 aos 12 anos. O prezo da entrada será de 1.50 co fin de axudar a financiar a feira e o horario dende hoxe e ata o domingo 5 de febreiro de 11:00 da mañá a 21:00 da noite. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/stock_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/stock_pontevedra.mp4{/flowplayer}