Un usuario de AMBAR realizará prácticas de xardinería no concello da Pobra

POBRA> Un usuario de AMBAR realizará prácticas de xardinería no concello da Pobra durante o mes de maio. Trátase da formación profesional enmarcada no curso de competencias básicas para o emprego desenvolvido pola entidade. A sinatura deste convenio permitirá que Juan Ramón, un usuario da asociación de persoas con diversidade funcional AMBAR, realice as súas prácticas no concello da Pobra. Durante todo o mes de maio realizará tarefas coa brigada de xardinería, como complemento ó cursos de Competencias Básicas para o Emprego que veu realizando nos últimos meses. Con este tipo de convenios, que se están a subscribir tamén con outros concellos da zona, AMBAR busca a inclusión plena dos seus alumnos a nivel sociolaboral. Polo momento, a iniciativa está a ser moi positiva xa que son moitos os usuarios que repiten.