POBRA> O BNG da Pobra pide ó concello que aclare a titularidade dunha finca situada ó carón da antiga fábrica de La Onza de Oro. Os veciños defenden que se trata dun terreo público de uso comunitario. O debate sobre a titularidade desta parcela, na zona da Ribeiriña, está servido. Os veciños defenden que se trata dun espazo público onde mesmo se instalou unha fonte comunitaria e unha marquesiña para o transporte público. Sen embargo, existen dúbidas sobre os dereitos dos propietarios do almacén da antiga fábrica sobre a parcela. Para evitar un conflito de intereses, o BNG presentou unha moción instando ó executivo a esclarecer a titularidade da finca.
Inicio BARBANZA