Reducir os coches e recuperar o espazo público, claves do anteproxecto para as rúas Altamira e Villar Ponte

PONTEVEDRA> Un anteproxecto nado do diálogo coa veciñanza e que pretende humanizar o barrio recuperando o espazo público. É a proposta que concello de Pontevedra e o estudo de arquitectura Taller Abierto propoñen para as rúas Altamira e Antón Villar Ponte, no barrio de San Antoniño. Nela recóllense as achegas dos habitantes da zona.

Xa está listo o anteproxecto para transformar e recuperar as rúas Altamira e Antón Villar Ponte, no barrio de san Antoniño.

Precisamente, recuperar e dinamizar ese espazo público é o obxectivo do anteproxecto elaborado polas arquitectas de Taller Abierto.

Outra das propostas pasa por abrir a rúa ao barrio, actuando no seu cruzamento con San Antoniño.

Tanto dende o concello como dende Taller Abierto insistiron en que se trata dun anteproxecto que nace dun proceso de diálogo cos veciños. Convocáronse varias xornadas de traballo nas que participaron unha media de 30 habitantes da zona. De aí que unha maioría estea dacordo coa intervención.

O anteproxecto contempla tamén a substitución das instalacións dos servizos, como alumeado ou recollida de pluviais. Ademais propón unha futura intervención artística en forma de murais na parte baixa dos edificios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí