O concello recibe a súa insignia de Ouro da Asociación de Amigos do Camiño Portugués

Pontevedra> A Asociación cultural Amigos do Camiño Portugués celebrou este xoves a gala conmemorativa do seu XXV aniversario no Teatro Principal. Un acto onde esta entidade fixo entrega da súa Insignia de Ouro ao alcalde pontevedrés polo seu apoio e protección durante todos estes anos. Tino Lores dixo que a entrega deste distintivo ao concello é unha cuestión de xustiza.

O Teatro Principal estaba ateigado de xente, o motivo non era para menos, a Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago celebrou na pasada noite as súas vodas de prata. Un acto onde nesta ocasión foi o concello o que recibiu a insignia de Ouro.

O alcalde dixo que dende o concello continuarán loitando e traballando na seguridade do camiño ao seu paso pola cidade.

Un acto onde estiveron presentes numerosos persoeiros da vida política, cultural e social da cidade. Unha cita que contou cos cinco directivos da asociación que continúan en activo dende 1993 que son o presidente Celestino Lores, e os vicepresidentes Carlos Gil, Flora García, Félix Torres e María Jesús González.