A carpintería exterior do Casino emulará o aspecto orixinal

NOIA> Avanzan a bo ritmo as obras do casino de Noia. A empresa responsable da rehabilitación traballa na substitución da cuberta e da carpintería exterior co obxectivo de manter o aspecto orixinal deste edificio histórico. As obras de baleirado interior  evidenciaron a necesidade de substituír as vigas de madeira por outras metálicas. O mal estado en que se atopaban os anteriores elementos obrigou a buscar unha solución alternativa. Paralelamente á intervención na cuberta procederase á substitución da carpintería exterior por outra con características moi similares á orixinal. O bo ritmo ó que avanzan as obras fai pensar ó concello que o inmoble podería estar listo a finais de ano.