Éxito da I Ruta Cabalar San Marcos-Noia-Portus Apostoli

NOIA> A actividade era unha das principais novidades no cartel das festas de San Marcos que se están a celebrar na localidade. O bo tempo animou a veciños e visitantes a saír e disfrutar das múltiples actividades organizadas polo Concello. Sen dúbida un dos puntos álxidos dos festexos foron os concertos de Monoulious Dop e de Heredeiros da Crus, na noite do sábado; e o de Treixadura, este pasado domingo. Despois da multitudinaria afluencia de xente ós concertos do sábado, coa actuación estelar dos Heredeiros da Crus, que estiveron acompañados no escenario pola banda local Monoulious Dop, as actividades do san Marcos tiveron continuidade na xornada do domingo. Unha das máis significativas dentro do programa deste ano foi a celebración da primeira Ruta Cabalar San Marcos-Noia-Portus Apostoli. Unha actividade ecuestre que reuniu a un gran número de participantes que se iniciou no paseo marítimo noiés para realizar un percorido de 15 quilómetros ata a capela de San Marcos. A música tradicional tivo tamén o seu máximo protagonismo de nova da man da Gran Foliada, na Alameda, que chegou este ano á súa terceira edición. Unha actividade que contou coa participación de numerosas bandas e grupos tradicionais que animaron e encheron cos seus sons as rúas da vila. A música continuou pola noite coa verbena na Alameda a cargo da orquestra Ritmo Joven e o concerto de Treixadura ás nove e media na praza do Tapal que congregou tamén a numeroso público. Despois da xornada de descanso de hoxe, os festexos do San Marcos. Terán continuidade mañá martes e o mércores, o día grande das festas coa tradicional feira cabalar e de maquinaria agrícola na zona de san Lázaro.