Os alumnos do IES Valle Inclán triunfan nas Olimpiadas de Tradución de Textos Clásicos

Pontevedra> Os alumnos do Instituto Valle Inclán están entre os mellores de Galicia en canto a Tradución de texto clásicos. Ano tras ano, este instituto se sitúa no podio das Olimpiadas desta materia. Estes estudantes teñen claro que as Humanidades e as linguas, como o latín e o grego, teñen moito que dicir e que aportar na sociedade actual.

Os estudantes de segundo de Bacharelato do IES Valle Inclán son moi bos nas linguas, concretamente, no grego e no latín e así o deixaron patente nas Olimpiadas de Galicia de Tradución de textos clásicos. 3 dos 8 estudantes que foron a esta cita acabaron no podio. Unha maneira diferente e divertida de ir preparándose para a selectividade.

Uns estudantes que tal e como nos dixo esta mañá a profesora de latín o dan todo, co fin de acadar os mellores resultados para labrar o seu mellor futuro.

E unhas linguas, o grego e o latín, que estes estudantes teñen moi claro que teñen moito que aportar a día de hoxe.

Unhas linguas, o latín e o grego, que tal e como dixo esta mañá María Álvarez están demasiado vivas para consideralas mortas.

Noraboa o profesor de grego Juan Gil, e a de latín María Álvarez e como non aos protagonistas os estudantes deste centro, que en pouco máis de mes e medio terá as probas de Selectividade, ánimo e sorte.