Polo menos catro detidos nunha operación antidroga en Vilagarcía

Alomenos 4 detidos nunha operación contra o tráfico de cocaína en Vilagarcía de Arousa

VILAGARCIA> Alomenos 4 detidos nunha operación contra o tráfico de cocaína en Vilagarcía de Arousa. Entre os detidos, habería cidadáns de nacionalidade española e colombiana. O dispositivo arrancou a primeira hora desta mañá e nel están a participar axentes do Grupo de Resposta Especial contra o crime organizado, o GRECO, da Policía Nacional.

O operativo pretende desartellar un grupo dedicado á distribución de droga por varias provincias. Seica tódalas persoas detidas formarían parte dun chanzo intermedio no mundo do narcotráfico, o paso previo á colocación das sustancias na rúa.

Ademais das detencións, producíronse varios rexistros en vivendas da contorna da Avenida Doutor Tourón e da rúa Xunqueiras. Polo momento, a operación antidroga continúa en marcha e descoñécense máis detalles do operativo que se levou a cabo nas últimas horas.