A Xunta activa axudas á hostalería: de 2.200 a 7.000 euros según o número de traballadores e os meses pechados

GALICIA> A Xunta compromete axudas para a hostalería. Despois de anunciar onte que os negocios do sector terán que pechar no mes de novembro en sesenta concellos galegos especialmente afectados pola pandemia da COVID19, hoxe o presidente autonómico anunciou estas achegas. Trátase dunha liña específica con aportacións de entre 2.200 e 7.000 euros á que se poderán acoller os preto de 12.800 establecementos afectados pola medida.

24 horas de anunciar o peche durante o mes de novembro dos preto de 12.800 establecementos hostaleiros ubicados nos sesenta concellos afectados polas novas restricións para frear o avance da COVID19, a Xunta presentou hoxe unha liña de axudas.

As contías dependerán do número de traballadores e dos meses que estiveron pechados. As axudas propostas son 1.200 euros como complemento por cese de actividade, 1.000 polo peche en outubro, 1.000 polo de novembro e 4.000 por estar en ERTE dende marzo e por unha baixada mensual de ingresos do 50%.

O executivo autonómico calcula que deberá destinar máis de 12 millóns de euros a esa liña. Ademais, Núñez Feijóo pediu a outras administracións que fagan as súas achegas. Por exemplo, reclama ao goberno do Estado que reduza o IVE turístico ao 4%, e aos concellos que bonifiquen as taxas á hostalería durante este 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí