PORTO DO SON> Balance positivo do arranque da campaña da sardiña para o cerco galego. Os profesionais que iniciaron a pesquería hai unha semana constatan a abundancia da especie, froito do plan de recuperación que se está a desenvolver. Consideran sen embargo que o tope de mil quilos semanais con que traballarán todo o mes de maio non dará apenas para sacar beneficio posto que o prezo do quilo oscila entre un e dous euros. De cara a xuño e xullo, o cupo aumentará a seis mil quilos e prevese que tamén aumente o valor da especie posto que se trata da época de maior demanda. A partir de entón, realizarase unha comprobación do stock no caladoiro co fin de establecer novos topes ata o final da campaña. Ademais da sardiña, dende ACERGA teñen solicitado a reapertura da xarda ante a abundancia desta especie nas costas galegas que axudaría a recuperar non só a sardiña senón tamén a anchoa.
Inicio ZZ DESTACADA PORTADA