CAMBADOS> O refuxio de animais de Cambados denuncia o deixamento da policía local e do concello de Vilanova cos animais abandonados. Dende a protectora mostran o seu malestar polo continuo abandono de animais de veciños vilanoveses ás portas das súas instalacións. Tamén piden conciencia á poboación para que castren ás súas mascotas e eviten a desatención dos animais.
Este pequeno gato atópase hoxe en boa forma grazas ao traballo do refuxio de animais de Cambados. Pero o seu estado hai uns días era completamente diferente. Un veciño de Vilanova o atopou na rúa en mal estado e o abandonou ás portas da protectora cambadesa.
Unha das veterinarias do centro encargouse de tratar ao animal e darlle un fogar mentres se recuperaba.
O abandono deste gato esgotou a paciencia da protectora de animais, que denuncia que constantemente veciños de Vilanova deixan no refuxio aos animais que atopan nas rúas ante o deixamento do concello e a policía vilanovesa.
Dende o refuxio denuncia que moitas veces, os animais chegan feridos de gravidade sen que o concello de Vilanova nin a policía se preocupe polo seu estado.
A denuncia vai máis alá coa policía local debido ao comportamento co que determinados axentes tratan á protectora.
O refuxio cambadés está saturado, aínda así encárganse de curar a todos os animais pero piden as persoas que os atopen que lle dean un fogar mentres a protectora lles busca unha familia. Tamén piden aos veciños que teñan animais domésticos, que os castren.
Dende o refuxio advirten que non teñen orzamento como para coidar, vacinar e tratar a os animais de Vilanova e que é obrigatorio por lei que os concellos teñan mecanismo para atender aos animais abandonados.