Rubiáns presume de chefs coas mans na masa

VILAGARCÍA> Os nenos de Rubiáns volveron demostrar hoxe a súa maña ante os fogóns. O colexio celebrou a terceira edición da súa xornada “O chef de Rubiáns”, que este ano tivo os cereais como protagonistas. Ademais de probar as receitas que os alumnos de sexto prepararon nas súas casas, participaron dun obradoiro dirixido polo presidente de Ahituvi.

No colexio de Rubiáns esta mañá non era difícil coller os alumnos coas mans na masa. O centro celebrou a terceira edición da súa cita “O Chef de Rubiáns”, que desta volta estivo centrada no cereal.

Dirixidos polo presidente de Ahituvi, os nenos atrevéronse con todo tipo de pans. De millo, de espelta, acimo, sen glute. Unha gran variedade para demostrar a versatilidade do cereal.

 

Isto foi no centro, pero os rapaces de sexto xa traían moito traballo feito na casa. Onte levaron uns deberes moi especiais: cada un elaborou unha receita para que hoxe probaran os seus compañeiros.

As mesas estaban hoxe cheas de receitas do máis apetecibles. Un estímulo máis para que os nenos poidan aprender, divertíndose.