VILAGARCIA> O BNG mobilízase en Vilagarcía e en diferentes puntos de Galicia en contra da nova reforma laboral. Dende a formación consideran que o goberno de PSOE e Podemos non cumpre cos acordos e que as modificacións coa reforma do PP son escasas. Piden maiores cambios que defendan e protexan os intereses dos traballadores.
A reforma laboral pactada polo bipartito, a CEOE e os sindicatos non gusta ao BNG. Dende a formación consideran que este novo acordo non rompe coa reforma do PP e que as melloras introducidas son escasas.
O BNG sinala que con esta reforma, o bipartito non cumpre co pactado na investidura. Tamén critican que a reforma fose aprobada vía decreto e non no congreso dos deputados para o que resto de formacións puidesen introducir melloras. Un dos puntos que máis molesta ao BNG é o da falta de protección para os traballadores.
Outras das críticas van destinadas á facilidade para que as empresas modifiquen as condicións laborais e a distribución da xornada. Unha situación que se da, segundo advirte, por dar prioridade aos convenios estatais.
En contra desta reforma laboral, o BNG comezou a mobilizarse en diferentes puntos de Galicia como en Vilagarcía. Nas vindeiras datas continuarán as manifestacións así como o reparto de información e as charlas para mostrar o seu rexeitamento a este nova reforma.