SANXENXO> O obradoiro de hostalería da mancomunidade do Salnés elabora un menú solidario de nadal para os usuarios de Cáritas interparroquial Arousa. Máis de 40 persoas poderán gozar dunha cea de noite boa e dunha comida de nadal grazas ao alumnado do obradoiro. O menú inclúe carne, peixe e sobremesa.
O obradoiro de hostalería do Salnés volve mostrar un ano máis a súa cara máis solidaria. O alumnado, tanto de cociña como de sala, colaboraron na elaboración dun menú solidario de nadal para os usuarios de cáritas interparroquial Arousa.
O menú é moi completo, incluíndo tres pratos e a sobremesa.
Cáritas colabora cada día con máis de 40 persoas, superando algunha xornada as 60. Estes usuarios serán os beneficiarios deste menú que poderán degustar como cea de noite boa e como comida de nadal.
As tarefas de cáritas non descasarán ningún día deste nadal, ao igual que fan o resto do ano. O alumnado do obradoiro tampouco para e a vindeira semana volverán a colaborar con cáritas realizando un menú para fin de ano.