Pontevedra acollerá, por terceira vez, o concerto das Letras Galegas

Pontevedra> O vindeiro 16 de maio, Pontevedra acollerá, por terceira vez, o Concerto das Letras Galegas que organiza o Consello da Cultura Galega. Unha cita onde a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un recital adicado a María Victoria Moreno. A cita comezará ás 21:000 e terá lugar no Auditorio de AFundación.

O Consello da Cultura Galega elixe, por terceira vez, a Boa Vila como escenario do concerto das Letras Galegas. Unha cita que terá lugar o vindeiro 16 de maio, no Auditorio de AFundación e que será protagonizada pola Real Filharmonía de Galicia.

O director desta cita, Maximino Zumalave, xa dixo que o repetorio da mesa terá moita relación coa pontevedresa homenaxeada neste día das Letras Galegas, con María Victoria Moreno.

E dende AFundación amosáronse encantados de acoller no seu Auditorio de Pontevedra unha cita destas características.

A entrada ao concerto é libre e de balde previa inscrición en Ataquilla.com. Para acceder ao auditorio hai que amosar o código QR que recibirá por correo electrónico ao realizar a inscrición e que poderá presentar no seu dispositivo móbil, ou ben levar a entrada impresa. As entradas poderán retirarse tamén no despacho de billetes da sede Afundación de Pontevedra con anterioridade ou o propio día do concerto.