O Pleno aproba a moción da Marea centrada na relación dos postos de traballo dos funcinarios

Pontevedra> Estamos en precampaña, isto quedou claro nesta xornada no pleno ordinario da corporación en Pontevedra. Un pleno que estivo marcado polas reivindicacións dos funcionarios do concello debido á negociación sobre a relacións de postos de traballo. Marea foi a encargada de presentar unha moción centrada nesta materia. Unha moción que saíu aprobada cos votos a favor da oposición e os votos en contra do Goberno Local.

O ambiente estivo caldeado hoxe no pleno ordinario, funcionarios do concello, dos sindicatos de Comisións e AFUMPO, estiveron presentes neste pleno co fin de amosar o seu malestar ante a falta de entendemento co Goberno Local a hora de negociar a relación de postos de traballo. Marea presentou unha moción relativa á adopción de medidas dirixidas á recuperación do poder adquisitivo perdido, mellora da organización municipal e promoción da carreira profesional dos empregados municipais.

Unha moción apoiada por Cidadáns

Tamén polo PSOE…

E sobre a que o Goberno local dixo que nesta materia seguirán negociando ata chegar a un mellor entendemento.

Finalmente esta moción foi aprobada cos votos a favor da oposición e os votos en contra do Goberno Local. Trala votación desta moción os funcionarios marcharon do pleno, incluídos a policía local, a pesares de que o seguinte punto era unha moción de Cidadáns vencellada con este corpo na que se pedía a aprobación dun novo regulamento da Policía Local, unha  moción que por certo foi aprobada con 18 votos a favor e 7 abstencións do PP.