Kid Mount, Chicharrón ou Portosanto son algúns dos artistas que actuarán no regreso do Galegote

PONTEVEDRA> Pontevedra recupera o Galegote. Tras un ano de ausencia, o festival de música en galego volve aos locais da cidade. Será os días 24 e 25 de abril. Dende a organización destacan que a música en galego está nun momento doce, que permite traer ata Pontevedra artistas consagrados e emerxentes. Así, o cartel inclúe nomes como Eladio y los Seres Queridos, Kid Mount, Chicharrón ou Portosanto.

Volve a Pontevedra o seu festival de música en galego. Tras un ano de ausencia, a cidade recupera o Galegote. Será os días 24 e 25 de abril.

Aínda que o venres 24 celebrarase o primeiro concerto, o día forte será o sábado. Artistas consagrados e músicos máis novos convivirán nun cartel con propostas para todos os gustos: dende rock a jazz pasando polo indie e a música urbana. Actuarán no Galegote nomes como Eladio y los Seres Queridos, Kid Mount, Chicharrón ou Portosanto.

Os escenarios serán as prazas e os diferentes locais pontevedreses.

Os horarios de cada actuación aínda están por concretar e publicaranse nos vindeiros días.