Segunda victoria consecutiva para o Rasoeiro

balonman250_120208.jpgO GROVE > O Rasoeiro acadou esta fin de semana a súa segunda victoria consecutiva, a súa víctima foi o Cisne de Pontevedra que, aínda que plantou cara durante moitos minutos, acabou cedendo ante o empuxe dos grovenses.

Nova victoria do Rasoeiro na casa desta volta ante o complicado equipo pontevedrés do Cisne Grupo Pirsa. Gran traballo o realizado polos rapaces de Lao Santos que semellan cada vez ter máis confianza no seu xogo e nas súas posibilidades.

Non lle puxeron as cousas nada sinxelas os pontevedreses, e froito diso viuse unha primeira metade na que as defensas estiveron máis acertadas que os ataques. Por iso as diferencias nunca foron importantes aínda que o Rasoeiro mantivo durante moitos minutos a iniciativa no marcador. Con 13-12 chegouse ó descanso.

Trala reanudación as cousas seguiron polo mesmo camiño; resultado corto e incertidume por saber quen se levaría a victoria. E foron os locais.

A falta de dez minutos para o remate e con 20-19 no marcador tres roubos de balón lles serviron para abrir unha brecha de catro goles que foi insalvable para os visitantes. Ó final 26-20, que se cadra non reflicte a igualdade que se víu na pista.

De novo o traballo colectivo en defensa e ataque déullela victoria os de Lao Santos; ademais o técnico aproveitou a ocasión para darlle minutos a xuvenís como Martín, Uxío e Brais, que completaron unha moi boa actuación.

Este triunfo achega ó Rasoeiro a cinco puntos do segundo clasificado, o Magope, que caeu na casa ante o líder Peguform por 25-30.

A vindeira semana xogaranse o terceiro posto da clasficación co Calvo Xiria, co que está empatado a puntos pero ó que precede na táboa polo resultado do encontro de ida no que os mecos se impuxeron en Monte da Vila por un apretado 33-32 .

Redacción Salnés