Ribeira reforzará o servizo de limpeza este verán con 5 traballadores

RIBEIRA> O concello de Ribeira reforzará o servizo de limpeza durante o verán. Ademais da contratación de 5 traballadores máis que se incorporarán ó cadro de persoal a partir do 15 de xuño, aumentarase a frecuencia das limpezas viarias e de contedores.

Ribeira prepárase para o incremento de poboación que adoita rexistrar durante o verán incrementando o servizo de limpeza. Procederase á contratación de 5 traballadores dende o 15 de xuño ó 15 de setembro para intensificar a limpeza viaria e de praias.

Ademais deste reforzo, dende o concello fan un chamamento á colaboración cidadá instando a respectar os horarios para depositar o lixo nos contedores. Aconsellan facelo preferiblemente a partir das nove da noite para evitar que permanezan en descomposición durante toda a xornada coas consecuentes molestias e malos cheiros que poden ocasionar.