Veciños da rúa Escamas en Portosín molestos coas obras de peonalización

polemicaruaescamas_100_221009.jpgPORTO DO SON> Quéixanse de que actuación lles impide o acceso ás súas vivendas e garaxes. Por esta razón esixen a paralización dos traballos e a realización dun modificado no proxecto.

{flowplayer}barbanza/polemicaruaescamas.flv{/flowplayer}

Os ánimos en Portosín andan estes días caldeados. O motivo, unhas obras de humanización que se están a desenvolver na rúa Escamas, a carón da futura Casa de Cultura. Os veciños que alí residen quéixanse da forma na que se está a desenvolver a actuación, xa que deixa limitado o acceso a vivendas e garaxes, impedindo ademais a entrada á rúa de vehículos de emerxencia.

Ana, Uxío ou Alfonso son algúns dos veciños afectados. Os seus vehículos xa teñen mostras evidentes na súa carrocería do que lles poderá pasar nun futuro. Aboladuras e rascaduras que non están dispostos a consetir. Por esta razón e despois das reiteradas queixas plantexadas no concello, decidiron presentar un escrito por rexistro onde se recollen as causas da súa disconformidade coa actuación e o que solicitan.

Redacción Barbanza