Unha docena de artistas participan na edición deste ano do Festival do Estío de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía prepárase para unha nova edición do Festival do Estío. Nesta nova edición contará co apoio de Apego, un proxecto que busca fomenta-lo galego entre os máis pequenos. A xornada, programada para o 16 de xuño, estará chea de música, xogos e varios espazos nos que se van desenvolver microescenas de teatro ou monicreques.

Así se presenta a terceira edición do Festival do Estío de Vilagarcía. A festa de benvida do verán contará este ano co apoio de Apego, un programa infantil a prol da lingua. A xornada festiva para pequenos de ata 6 anos vaise celebrar no parque Miguel Hernández o vindeiro 16 de xuño.

Este ano, unha das grandes novidades do Festival do Estío é o formato.  Estará composto por microescenas teatrais ou de monicreques para toda a familia. No parque vai haber tres espazos escénicos de proximidade pensados para un público reducido.  Os diversos grupos irán vendo as distintas escenas, dándolle dinamismo á xornada. En total, 12 artistas contarán as súas historias nesta xornada. Algúns deles visitaron xa hoxe Vilagarcía.

A xornada rematá cun concerto de Pablo Díaz. Ademais, para ir abrindo boca, o 9 de xuño está previsto un pasacalles a carga da compañía Fantoches Baj.