A Deputación de Pontevedra homenaxea a Rosalía de Castro, unha muller “adiantada aos seus tempos”

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra súmase á celebración do Día de Rosalía. A institución provincial quixo conmemorar hoxe o nacemento desta autora e fíxoo cun importante acto no Pazo Provincial. Nel, non faltaron as mensaxes de reivindicación nin tampouco a música, que correu a cargo da artista Uxía Senlle.

Hai 184 anos nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. Unha muller loitadora e inconformista a partes iguais que pronto se converteu na maior referencia da cultura galega. Hoxe, no seu día, a Deputación de Pontevedra quixo facerlle unha homenaxe.

Tanto a presidenta da Deputación como o alcalde de Pontevedra quixeron subliñar hoxe a importancia de seguir homenaxeando a unha muller como Rosalía.

O acto da Deputación de Pontevedra contou coa presenza de Anna Figueiredo, a encargada de ler o manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega polo Día de Rosalía.

A cantante Uxía Senlle foi a encargada de poñer o toque musical a este acto da Deputación. O Día de Rosalía rematou co acendido dun mapping, na fachada do Pazo Provincial, do pensamento e imaxe de Rosalía de Castro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí