Cotobade> A Feira de Cuspedriños recreou onte o antigo mercado de Cotobade. Máis de 80 expositores e centos de visitantes rememoraron os tempos en que esta feira era a máis influínte e popular da comarca, a mediados dos anos cincuenta.
Artesanía, agricultura ecolóxica, alimentación biolóxica, ecoturismo ou enerxías renovables foron parte do que se atoparon os centos de festeiros que se achegaron onte a San Xurxo de Sacos, en Cotobade, para desfrutar da Feira de Cuspedriños. Este ano houbo récord de expositores, con máis de 80 postos.
Con este evento rememórase o antigo mercado da zona. Automóviles antigos, xente vestida de época, unha exposición de traxes tradicionais ou a actuación de “O Cego de Monifantes” contribuíron a recuperar ese ambiente do pasado.
Tamén houbo espazo para obradoiros de cerámica, agrolimpadas para nenos e adultos, un xantar galego e o sorteo de produtos e xogos infantís.
A xornada festiva pechouse co concerto de Bétula Péndula.











