PONTEVEDRA > O motoclub poiense “A Rosa dos Ventos” recibirá o premio especial “Poio Móvese”. O galardón, que será entregado na gala do deporte que se celebrará o vindeiro venres, recoñece os valores deportivos que transmite o colectivo no ano no que conmemoran o décimo aniversario da concentración moteira.
O Consello Municipal de Deporte de Poio vén de recoñecer ó Motoclub A Rosa dos Ventos co premio especial “Poio Móvese”. Destaca do colectivo o fomento dos valores deportivos.
Tamén serve como agradecemento á súa implicación co municipio.
Este ano a concentración que celebran tódolos veráns cumpre o seu 10º aniversario. Pero antes desta cita, a Rosa dos Ventos, que agrupa a unha vintena de afeccionados ás dúas rodas, anuncia sorpresas.
O premio será entregado na gala do deporte “Poio Móvese”, que se celebrará o 15 de febreiro no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.
Comments are closed.