A Lei do Cambio Climático non se aplicará de forma retroactiva a Ence

PONTEVEDRA> A ministra de Transición Ecolóxica asegura que a Lei do Cambio Climático non se aplicará de forma retroactiva con respecto a Ence. Esta é a conclusión da reunión que mantivo onte Teresa Ribera co comité de oficinas da pasteira. CCOO confía na súa palabra e asegura que a partir de agora reducirá a intensidade das súas mobilizacións.

A ministra de Transición Ecolóxica comprométese a que a Lei do Cambio Climático non se aplicará de forma retroactiva a Ence. Así llo trasladou Teresa Ribera ao comité de oficinas da pasteira na reunión que mantiveron onte en Madrid.

A reunión coa ministra de Transición Ecolóxica abriu unha porta á esperanza e ao diálogo.

Tras conseguir un dos seus obxectivos, dende CCOO aseguran que rebaixarán a intensidade das súas mobilizacións. Iso si, o día 26 os traballadores volverán a saír á rúa para manifestarse en fronte da Subdelegación do Goberno e da Deputación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí