Jacobo Moreira retírase da política local

Pontevedra> O actual voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira anunciou oficialmente esta mañá que abandonará a presidencia local do partido no congreso que se celebrará a finais deste mes. Non será polo tanto candidato á alcaldía nas eleccións de maio.

Jacobo Moreira abandona a presidencia do PP local en Pontevedra e, en consecuencia, renuncia a ser candidato á alcaldía nas municipais de 2019. A decisión foi consensuada co partido, xa que nin el nin o grupo político vían convinte a súa continuidade.

Moreira confésase convencido de que a renovación é boa e necesaria para que o PP siga medrando, xa que para obter novos resultados son necesarios novas formas e proxectos.

Na súa despedida, Moreira fixo unha valoración positiva dos catro anos que estivo á fronte e destacou que foi un traballo duro pero ilusionante.

Lembrou que está a disposición do partido e indicou que seguirá como deputado no Parlamento de Galicia.

O que si ten intención de abandonar é a corporación municipal. Isto será no momento en que sexa nomeado o novo presidente local. Todo apunta a que esa persoa será Rafael Domínguez, xa que a súa é a única candidatura presentada ata o momento.