PONTEVEDRA> A primeira moción que o PSOE de Pontevedra vai levar a Pleno céntrase na reapertura de Raíña Vitoria. Os socialistas propoñen transformala nunha vía de plataforma única con tráfico restrinxido. Din que a súa solución está a medio camiño entre a volta ao pasado que quere o PP e o peche total á circulación imposto polo BNG de xeito definitivo hai agora un ano.
Aínda que as negociacións para formar parte do goberno local continúan, de momento, o PSOE de Pontevedra traballa dende a oposición. A súa primeira moción deste mandato, que van levar ao vindeiro Pleno, céntrase no futuro da Avenida Raiña Vitoria.
TAsí que os socialistas propoñen crear unha plataforma única e abrir o paso de vehículos, iso si, nunha soa dirección limitado a residentes.
Puentes recoñece que o peche de Raíña Vitoria tivo unha parte positiva, evitando a conxestión de tráfico na praza de Galicia e os tráficos de pasada entre a estrada de Sanxenxo e a estrada de Vigo. Pero tamén lle ven cousas negativas.
Os socialistas confían en que a moción sexa apoiada polo PP e o BNG.