PONTEVEDRA> Esta mañá puidemos falar cos ciclistas agredidos onte por un camioneiro na estrada que une Marín con Pontevedra. Lembremos que unha discusión de circulación rematou cun martelazo que o transportista propinou a un dos deportistas.
Un vídeo no que se ve o ataque cun martelo dun camioneiro a dous ciclistas circulaba onte polas redes sociais. O incidente tivera lugar pola mañá na estrada de Marín de Pontevedra, á altura da entrada á factoría de ENCE. Os agredidos relataban hoxe o suceso.
Delfín Santiago, que tivo que ser trasladado ó hospital cun traumatismo craneo-encefálico e hematomas no ombro, en ningún momento pensou que ía ser atacado co martelo.
Aínda co medo no corpo, quédanlle poucas ganas de subir á bicicleta.
A estrada Marín-Pontevedra, ruta habitual para os dous ciclistas, é unha vía perigosa debido ó tráfico e as estreitas beiravías, que nalgúns tramos case non existen.
Aínda que si se soen dar diferencias entre condutores e ciclistas, neste caso chegou ó extremo.
Os ciclistas presentaron a denuncia na comandancia da Garda Civil. Esta púxose en contacto ca Policía Nacional, que abriu a investigación.