O Fútbol-7 Benxamín celebra a XX edición do torneo internacional Cidade de Pontevedra

Pontevedra> O Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Fútbol-7 Benxamín celebra a súa vinte edición esta fin de semana. Será nos campos da Xunqueira, e enfrontará a 16 equipos de España e Portugal.

O fútbol base ten a súa cita o sábado e o domingo en Pontevedra. A categoría benxamín disputará a fase final do torneo internacional organizado pola Escola de Fútbol Portero 2000.

Na presentación do evento, exerceu como padriño o futbolista do Celta de Vigo, Jonny, que lembrou os tempos nos que participaba neste tipo de competicións e animou ós pequenos a desfrutalo.

O actual campión, o Benfica, defenderá o título ante o Sporting de Portugal, o Sevilla, o Athletic Club, a Real Sociedade, o Sporting de Gijón, o Celta e o Deportivo. Completarán o cadro o AD Sagrado, AJ Lérez, Arosa SC, SD Cristo Victoria, ED Val Miñor, Victoria CF, o EFB A Estrada, e a EF Portero 2000.