O novo reitor aposta por un Campus de 1ª para Pontevedra

Pontevedra> O novo reitor da Universidade de Vigo mantivo esta mañá un encontro, no Pazo Provincial, coa presidenta da Deputación. Sobre a mesa estivo a vindeira comisión de seguimento da Universidade e tamén a creación da facultade de enfermería.

A presidenta da Deputación recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao novo reitor da Universidade de Vigo, a Manuel Reigosa, un encontro que serviu para anunciar a convocatoria da comisión de seguemento para novas accións universitarias.

O novo reitor da Universidade de Vigo ten claro que o Campus de Pontevedra é igual que o de Vigo ou Ourense, xa que dixo que no seu mandato non haberá campus de primeira, de segunda ou de terceira.

O reitor lembrou que o mapa das novas titulacións está pechado e que as novas titulacións entrarán con esta nova reitoría a partir do ano 2021.

Sobre a titulación de Restauración dixo que é algo que sona pero que non pode adiantar nada e sobre a facultade de enfermería dixo que agarda poder crear este espazo.

Carmela Silva asegurou que a reunión tamén serviu para recordar cuestións establecidas no protocolo de colaboración entre a Deputación e a Universidade de Vigo. Neste contexto, Silva asegurou que a través deste protocolo marcáronse as áreas de cooperación para poñer en marcha estudos científicos que nos permitan poder tomar decisións axeitadas sobre cuestións que nos ocupan e nos preocupan, como a día de hoxe é a violencia de xénero.