O PP provincial pide que se cree unha senda peonil segura para acceder a Pontevedra dende o nó dos bombeiros

Pontevedra> O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra que se coordine coas diferentes administracións. O obxectivo, que se recupere o proxecto para crear unha senda peonil segura para acceder a Pontevedra desde o nó dos bombeiros. Así o pediu o voceiro popular, Ángel Moldes, na rolda de prensa que ofreceu esta mañá, xunto ao representante da asociación Pro-Garda Civil en Pontevedra.

O PP reclama á Deputación que medie para conseguir o acceso peonil seguro a Pontevedra dende o nó dos Bombeiros. Ángel Moldes convida a Carmela Silva a que se coordine coas diferentes administración co fin de recuperar o proxecto para crear unha senda peonil segura para acceder a Pontevedra dende este punto da cidade.

Concretamente, piden que se dote de un acceso seguro para os peóns que queren acceder a Pontevedra desde este lugar. Moldes apuntou nesta xornada que só nesta comandancia viven máis de 60 familias que cada día teñen que ir a Pontevedra e, ao contrario, tamén hai persoas que desde Pontevedra ou desde Poio se achegan ata o edificio da Garda Civil para facer algún trámite. Dende a Asociación pro garda civil tamén solicitaron estes traballos.

Ángel Moldes convidou á presidenta Carmela Silva a aproveitar esta reclamación para recuperar o papel da Deputación de Pontevedra. Moldes di que dende a administración provincial poden en lugar de usar a Deputación como plataforma de ataque e de confrontación, aquí ten a oportunidade para que a Deputación volva a desenvolver ese papel institucional tan relevante.