O concello achéhgase ao verán cun investimento de 5 millóns de euros en obras públicas

Pontevedra> Trala comisión de mobilidade, o concelleiro de Obras e o de Medio Natural, informaron que o concello achégase ao verán cun investimento de mais de 5 millóns de euros en obra pública. Unha rolda de prensa onde tamén informaron de que esta fin de semana comezan os servizos de socorrismo das praias fluviais de Ponte Sampaio e a do Lérez.

O Concello de Pontevedra está a executar, neste momento, máis de 5 millóns de euros de obra pública. Os concelleiros responsables de obras e espazos públicos, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, deron conta esta mañá dos traballos que están en marcha en distintos puntos do concello, tanto no ámbito urbano como no rural: a reforma de Fernando Olmedo e A Seca, os campos de fútbol, as obras do pavillón Municipal, a mellora da mobilidade nos centros escolares ou as rozas, son un exemplo de todos estes proxectos.

No que as praias e parques e xardíns respecta, o concelleiro Alberto Oubiña informou á Comisión de Mobilidade que o operativo das praias fluviais estará en marcha dende esta fin de semana. O servizo de socorrismo estará operativo toda a semana na praia fluvial do Lérez e nas fins de semana e festivos en Ponte Sampaio.

Ao respecto dos parques e xardíns, acondicionouse o espazo verde do Camiño Vello de Castela, así como rotondas ao longo de José Malvar e Doce de Novembro. Proximamente executarase a rotonda entre a rúa Teixoeira e Eduardo Pondal.

En execución está a praza de Galiza así como as rotondas coa praza da Liberdade e Augusto García Sánchez