O Meis máis solidario volve tender a man ao pobo sirio

MEIS> Meis volve mirar cara o pobo sirio. O CPI Mosteiro-Meis repetiu a súa mestura de música e solidariedade no Solifesti, un festival que busca recadar fondos para axudar aos máis desfavorecidos. Alumnado, profesorado, familias e veciños, amosaron a súa faceta máis artística e solidaria.

Mariña é unha das alumnas que axuda a poñer en marcha o Solifesti. Tralo éxito do ano pasado, o colexio de Mosteiro decidiu repetir esta fórmula, en colaboración coa Escola de Xadrez de Pontevedra.

Con este obxectivo traballa toda a comunidade educativa. Non só o propio día do festival; tamén cos labores previos e posteriores ao Solifesti.

Nesta segunda edición, o Solifesti volveu encher de música e animación o campo da feira de Mosteiro. Ofrecendo ademais unha actividade para toda a familia.

O colexio entregará o recadado á Escola de Xadrez de Pontevedra, que destinará os cartos a algunha das múltiples necesidades que detectan no seu traballo co pobo sirio.