A Universidade cambio o plano de usos no edificio Benito Corbal en beneficio da cidadanía

Pontevedra> O Reitor da Universidade de Vigo mantivo unha reunión esta mañá, na delegación da Xunta en Pontevedra, co conselleiro de Educación e o vicepresidente da Xunta. O obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer o proxecto de Benito Corbal onde a Universidade terá un papel importante. Un lugar onde o novo equipo reitoral cambiou o plano de usos co fin de servir tanto á comunidade universitaria como a cidadanía.

Manuel Reigosa xa pasou pola Deputación, concello e hoxe foi a quenda da delegación en Pontevedra da Xunta de Galicia, cunha hora de retraso sobre a hora prevista, alí mantivo unha reunión co conselleiro de Educación e o vicepresidente da Xunta co fin de perfilar todos os detalles do edificio de Benito Corbal. Un espazo onde Reigosa adiantou que fixeron unha serie de cambios no plano de usos inicial.

Dende a Xunta, o conselleiro de Educación destacou a boa relación que existe entre a Xunta e a Universidade e lembrou, que o edifico de Benito Corbal, terá un gran interese en canto á Educación cultural da cidade.

O vicepresidente da Xunta de Galicia agradeceu que a nova directiva da Universidade aceptara este proxecto e sumase novas ideas ao mesmo.

Un proxecto que contará cun investimento de máis de 4 millóns de euros e que estará rematado, se se cumpren os prazos, no primeiro trimestre do 2019.