PONTEVEDRA> A Asociación Española Contra o Cancro realizou hoxe, con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro, unha actividade de concienciación para reivindicar a importancia da atención psicolóxica tanto para pacientes de esta enfermidade, como para os seus familiares.
No Día Mundial Contra o Cancro, a Asociación Española contra esta enfermidade quixo resaltar a importancia da atención psicolóxica tanto para os pacientes como para as súas familias, xa que dende os hospitais, non sempre se conseguen facilitar estes servizos.
En Galicia, arredor de 16.000 persoas que padecen esta enfermidade precisarían un tratamento psicolóxico personalizado. Delas, 5.200 son de Pontevedra.
A Asociación Española Contra o Cancro presentou esta mañá unha exposición fotográfica e un mural no que invitaban a todas as persoas que se achegaban á Praza da Ferraría a pegar as súas mensaxes de apoio e ánimo para os doentes.
Visibilidade, apoio e colaboración son os piares centrais para a concienciación e a implicación por parte de todos, por iso, é tan importante que se siga celebrando un día como hoxe.