Aumenta a oferta hostaleira de Pontevedra coa apertura de Acolá Rooms

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra e os concelleiros de Urbanismo e Benestar Social visitaron esta mañá as instalacións do Acolá Rooms. Un albergue que acaba de abrir as súas portas na cidade e que se caracteriza pola súa imaxe de vangarda.

Acolá Rooms abre as súas portas aos turistas e peregrinos. Este albergue está completamente adaptado á nova normalidade e oferta un total de 8 habitacións privadas. Ademais, ofrece servizos para persoas ostomizadas ou con mobilidade reducida.

O albergue recibiu esta mañá a visita do alcalde de Pontevedra e dos concelleiros de Urbanismo e Benestar Social. Lores salientou a importancia de seguir aumentando a oferta hostaleira na cidade.

Este é o terceiro albergue Acolá na cidade. Os outros dous están situados na rúa Arzobispo Malvar e ofertan prazas con habitacións compartidas.

Un novo establecemento hostaleiro que abre na cidade nun momento moi complicado tras a crise sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí