Dende a Deputación apostan pola Igualdade

Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá tres convenio de colaboración, por valor de 26 mil euros, con tres entidades para distintos proxectos que buscan a promoción da igualdade e a loita contra as violencias machistas. Nunha xornada onde a Deputación pediu, unha vez máis, a abolición da prostitución.

Os tres convenos foron asinados coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e a Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución. A presidenta amosou esta mañá de forma decidida que a Deputación aposta pola abolición da prostitución na actualidade.

Uns convenios que sumaron un total, os tres, de 26 mil euros é que a presidenta asinou na compaña da deputada da área de Igualdade Isaura Abeleiras.

O convenio para a achega de 6.000 euros á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo para o desenvolvemento do programa “Camiño ao bo trato”. O convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), polo que a institución provincial achega 10.000 euros servirá para poñer en marcha ferramentas que permitan ás mulleres do rural ser emprendedoras e autosuficientes e seguir así apostando polo rural. Carmela Silva, por último, tamén asinou un convenio coa Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución, no que a Deputación inviste 10.000 euros para que continúen co seu traballo coas mulleres que exercen a prostitución, con asesoramento, información, formación e busca de emprego.