O alcalde confirma que as obras da rúa Virxe do Camiño estarán rematadas para finais de ano

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías visitaron esta mañá o desenvolvemento dos traballos de reforma das rúas Virxe do Camiño. Unhas obras que marcarán, segundo o rexedor, un antes e un despois na calidade urbana desta zona da cidade e que estará rematadas a finais deste 2018.

Lores e Gulías visitaron esta mañá os traballos de mellora na rúa Virxe do Camiño. Unhas obras que se engloban dentro das melloras do camiño portugués ao seu paso pola Boa Vila.

Uns traballos que consisten na mellora dos servizos co fin de modernizalos e que inclúe a Virxe do Camiño, José Casal e Mariscal Pardo de Cela.

Segundo confirmou esta mañá o alcalde as obras estará rematadas a finais deste 2018. Unhs traballos que segundo Lores marcarán un antes e un despois na calidade urbana desta zona da cidade. Uns traballos que contan cun investimento de 1 millón 100 mil euros aos que haberá que sumarlle ata os 5 millóns de euros en traballos de mellora no paso do camiño portugués pola cidade.