{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/31/pescador_desaparecido_cabio_3108151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/31/pescador_desaparecido_cabio_310815.mp4{/flowplayer} POBRA> Buscan por terra e mar a un pescador presuntamente desaparecido a pasada noite en Cabío. Dous turistas deron a voz de alarma ó escoitar berros de auxilio dende o mar. Os equipos de emerxencia atoparon roupa e obxectos que poderían pertencer ó desaparecido aínda que, de momento, non se presentou ningunha denuncia por desaparición. O testemuño dos turistas que deron a voz de alarma e unha serie de efectos persoais achados na zona son os únicos indicios cos que contan as forzas de seguridade para esclarecer o acontecido.
Inicio crb