A veciñanza de Guillán reclama solucións urxentes ás continuas inundacións provocadas polas obras dun viñedo

VILAGARCÍA> Os veciños de Guillán volven denunciar as inundacións provocadas polas fortes chuvias. As precipitacións dos últimos días derribaron o muro dunha casa e embarraron todo seu terreo. A veciñanza non aguanta máis e pide solucións urxentes.

Nestes días no que as precipitacións non cesan, os problemas aumentan para os veciños da rúa da torre de Guillán. A veciñanza xa denunciou as inundacións provocadas polas obras que están a desenvolverse nun terreo enriba das vivendas. A situación empeora co paso dos días.

As últimas choivas afectaron principalmente a un dos veciños. As trombas de auga derrubaron o muro da finca e a encheron de barro, incluída esta pista deportiva.

A auga e a terra cae dende o monte embarrando toda a zona, incluídas as vivendas e o lavadoiro. Os técnicos estiveron hoxe limpando o barro pero para os veciños iso só é un parche.

Os veciños lamentan a falta de solucións.

Pero o que máis teme a veciñanza é que se faga unha plantacións de viñedos tan preto das súas vivendas.

Xunta está facendo un seguimento na zona para comprobar se se cumpriron todas as normas. Unha actuación que non conforma á veciñanza, que xa denuncio a situación ante a policía local, augas de Galicia e o Seprona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí