Caballero visita a Boa Vila para amosar o seu apoio á nova subdelegada do Goberno

Pontevedra> O secretario xeral do PSdeG-PSOE estivo esta mañá en Pontevedra co fin de amosar o seu apoio á nova subdelegada do Goberno na cidade, a Maica Larriba. Un cargo do que tomará posesión este xoves 12 de xullo. Preguntada polos seus obxectivos Larriba dixo que aínda estaba aterrando e Caballero dixo que esta nova andaina socialista estaría marcada por cumprir promesas, algo que non fixeron dende as filas do Partido Popular durante os anos de mandato.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE visitou esta mañá a Boa Vila co fin de amosar o seu apoio a nova subdelegada do Goberno en Pontevedra, a Maica Larriba que tomará posesión do seu cargo este xoves 12 de xullo.

Caballero pola súa parte lembrou que hai 5 semanas que se abriu unha nova andaina no Goberno do estado capitaneada polos socialistas. Un Goberno, do que dixo, será de progreso e que devolverá moitos dereitos a toda a cidadanía. En relación a anterior etapa do PP Caballero dixo e deixou claro que Feijóo foi en todo momento un cómplice de Rajoy secundando as súas promesas e compromisos incumpridos.

O líder dos socialistas galegos considera que o PP ten o rumbo perdido na actualdiade.

Caballero dixo que dende as filas socialistas van a adicar todo o esforzo necesario en facer ben todo aquilo que o PP fixo mal.