Ruíz trasladaralle ó Conselleiro de Sanidade a preocupación pola falla de médicos en primaria

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira manterá mañá unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade para transmitirlle a necesidade de cubrir as baixas de médicos en atención primaria. Tamén lle trasladará a preocupación polo déficit de especialistas nalgúns servizos do Hospital do Barbanza.

Aínda que son varios os asuntos a tratar co Conselleiro de Sanidade, Manuel Ruíz leva como prioridade a necesidade de cubrir as baixas do persoal facultativo tanto no centro de saúde de Ribeira como no de Palmeira. O rexedor solicitará que as substitucións se fagan de xeito regular e definitivo, non como ata o de agora con coberturas temporais que non garanten a continuidade na asistencia sanitaria.

Ademais da situación en atención primaria, Manuel Ruíz interesarase tamén pola necesidade de incorporar persoal en determinados servizos do hospital do Barbanza. A este respecto, levarán unha proposta ó pleno para ampliar as prazas de medicina interna co obxectivo de contar con especialistas suficientes.

Incide ademais o alcalde en que non se trata dun problema exclusivo de Galicia posto que outras comunidades están a sufrir o déficit de especialistas o que esixe artellar unha resposta común.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí