O parque forestal da Fracha estará listo en abril e contará con 4 miradoiros e 6 sendas

PONTEVEDRA> As obras do parque forestal da Fracha estarán rematadas en abril. Con esta actuación, acondicionaranse 4 miradoiros coas súas correspondentes áreas recreativas e habilitaranse 4 sendas peonís e 2 ciclistas.

O parque forestal da Fracha estará habilitado no mes de abril. Así o anunciou hoxe o alcalde de Pontevedra nesta visita á fase final dos traballos. Con esta actuación, acondicionarase 4 miradoiros coas súas correspondentes áreas recreativas: dous na zona de Outeiro Navío, en Marcón, outro en Tomeza e este outro na Canicouva.

Tanto este miradoiro de Couto das Forcadas como o de Outeiro Navío, serán accesibles para persoas con mobilidade reducida. Neles, os paneis explicativos estarán sinalizados en Braille. Nestes traballos elimináronse tamén especies invasores, sobre todo eucalipto e acacias. Ademais, plantáronse uns 15.000 exemplares de especies autóctonas.

Neste parque forestal da Fracha habilitáronse 6 rutas: 2 ciclistas e 4 sendas peonís. Estas últimas están identificadas por cores, a branca é a de menor dificultade con menos de 1 km e a vermella é a máis complicada con case 7. Todas elas son circulares e saen dende o miradoiro de Marcón.

O proxecto do parque forestal da Fracha está enmarcado nos Fondos FEDER e o orzamento ascende a máis de 450.000 euros.