Os turistas desfrutaron dun centro histórico tranquilo durante as festas de San Bieito

Pontevedra> Os que atoparon unha cidade ben tranquila foron os turistas que se achegaron ata a Boa Vila neste día festivo. Os visitantes amosáronse encantados coa zona monumental e co modelo de cidade, que invita a pasear.

Había pouco movemento hoxe no centro da cidade. Os pontevedreses, que andaban a celebrar o San Bieito deixaron a zona monumental para os turistas, que desfrutaron da tranquilidade do día festivo.

Visitantes chegados de toda a península e tamén do estranxeiro gabaron a Pontevedra que se atoparon, moitos deles por primeira vez.

A Boa Vila é unha parada obrigatoria para os turistas que se achegan ás Rías Baixas, ademais dos peregrinos que se dirixen a Compostela polo Camiño Portugués.