O cerco galego queda sen apenas posibilidades de pesca tralo peche da sardiña

    PORTO DO SON> O peche da pescaría da sardiña foi moi mal recibido entre os cerqueiros galegos. A prohibición de pescar chega nun momento no que o recurso cotizaba á alza. Haberá que agardar ó mes de agosto para a reapertura do caladoiro, sempre e cando os informes científicos avalen o bo estado do recurso. Os cerqueiros galegos non poderán pescar sardiña no que queda do mes de xullo. Bruxelas decretou o peche da pescaría ante o esgotamento da escasa cota asignada dende maio. O peche chega no peor momento para o sector posto que a sardiña estaba a acadar moi bos prezos ante o incremento da demanda. A isto hai que engadir as escasas posibilidades de pesca para a flota coa xarda e o bocarte pechados. Dende ACERGA confían en que a Comisión Europea autorice a reapertura da pescaría a partir do un de agosto. A decisión tomarase en base ó informe técnico elaborado polos biólogos en relación ó stock de sardiña.