Detida unha boirense como presunta autora dunha estafa

BOIRO> No marco da operación, denominada ‘Picaruela’, os axentes do Instituto Armado procederon tamén á investigación da parella desta, un varón de 28 anos, como coautor dos mesmos feitos. Segundo fontes policiais o ‘modus operandi’ empregado era sempre o mesmo. A detida acudía a diversas entidades bancarias de Boiro e Pobra finxindo ter sufrido un accidente ou o extravío do bolso, solicitando a retirada dunha elevada cantidade de diñeiro en efectivo, sen aportar documentación algunha. Aproveitándose da boa fé dos empregados e aportando datos identificativos das súas vítimas, conseguía a retirada do diñeiro. As investigación realizadas polos axentes da Garda Civil e o propio visionado das cámaras de seguridade das sucursais bancarias propiciaron a súa detención. A prendida xa pasou a disposición xudicial nos Xulgados de 1ª Instancia e Instrucción Nº 3 de Ribeira, este último en funcións de garda. A Garda Civil non dá por pechada a investigación e continúa realizando xestións por se estas mesmas persoas puideran ter cometido feitos similares noutros puntos da provincia.