Elnosa pechará, previsiblemente, as súas portas nas vindeiras semanas

Pontevedra> Elnosa pechará as súas portas neste verán. Se todo segue segundo o previsto a fábrica realizará  seu peche industrial o 29 deste mes. Con todo dende o comité de empresa agardan que a Xunta de Galicia mova ficha e que se produza unha resolución favorable de última hora.

Se todo segue segundo o presente, Elnosa fará efectivo o seu peche industrial o vindeiro 29 de xullo, ante a falta de comunicación de Costas do Estado ao expediente de caducidade da concesión para a súa posible prórroga. Unha nova que reciben de xeito positivo dende a Asociación pola Defensa da Ría.

Dende o comité de Empresa mantiveron na xornada de onte unha reunión con representantes da Xunta de Galicia e tras a mesma agarda que o Goberno Galego mova ficha polo que agardan unha resposta de Costas a última hora ampliando a concesión. Unha nova que sería, segundo a APDR, negativa para Pontevedra.

Dende o Comité de Empresa non cren que se poida producir a tempo esta autorización xa que lembraron que ata o momento non houbo ningunha comunicación por parte de Costas e que nas últimas semanas se produciu un cambio de responsables ao frente do departamento ministerial co cal non contan que non sexa efectiva esta prórroga o que traería consigo o peche da empresa para finais deste mes.