O Pazo da Cultura acollerá o martes 29 o II Congreso de Educación Ambiental para centros de ensino

Pontevedra> O vicepresidente da Deputación presentou hoxe o II Congreso de educación ambiental para centros de ensino. Unha cita na que participarán máis de 300 escolares da provincia e que se celebrará o vindeiro 29 de maio no Pazo da Cultura.

César Mosquera presentou nesta xornada o II Congreso de educación ambiental sobre compostaxe para centros de ensino que se celebrará o vindeiro martes día 29 no Pazo da Cultura de Pontevedra coa participación de sete centros e máis de 300 escolares de toda a provincia. No anuncio da celebración Mosquera estivo acompañada por unha representante do Ceida e polo coordinador das actividades que se levan realizando coa compostaxe nos colexios e insitutos da provincia ao longo do curso grazas ao Plan Revitaliza. Dende o Ceida lembraron que este ano se achegaron a 242 centros escolares da provincia chegando a máis de 10 500 alumnos con máis de 400 actividades.

Pola súa parte, Manolo Domínguez indicou que o resultado do traballo sobre compostaxe de todo o curso vai ser o obxecto do congreso de compostaxe, para o que se seleccionaron sete centros, catro de Primaria e tres de Secundaria.

Unha cita que se celebrará o vindeiro 29 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.