Pontevedra entra no circuíto de festivais galego con música urbana: nace o Río Verbena Fest

PONTEVEDRA> Pontevedra estrea evento de despedida do verán. O 24 de setembro na explanada de Tafisa celebrarase o Río Verbena Fest, unha cita dedicada á música urbana que nace da iniciativa da hostalería da cidade. As entradas sairán á venda o 17 de agosto a un prezo de 19 euros.

Pontevedra súmase ao circuíto de festivais de Galicia. O 24 de setembro celebrarase na cidade o Río Verbena Fest, na explanada de Tafisa.

Polo de momento, hai catro confirmados. Pasarán polo escenario os artistas urbanos Villano Antillano, Sila Lúa, Hijos de la Ruina, Thom Archi y DJ Groove Amigos.

Maldita Sed é a empresa organizadora do festival en colaboración con Industrias Esmerarte, Concello de Pontevedra e Xunta de Galicia. Para as dúas administracións, era necesario que a cidade contara cun festival deste tipo.

As entradas poranse á venda o 17 de agosto a un prezo de saída de 19 euros. Poderán adquirirse na web de Ataquilla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí